IV Xornadas contra a Trata en A Coruña, o venres 25 de setembro do 2015

A Rede Galega contra a Trata organiza no Ágora o venres 25 de setembro as IV Xornadas contra a trata de seres humanos baixo o título “Menores vitimas da trata” onde se analizarán desde diferentes prismas a situación dos e das menores vitimas en primeira persoa e aquelas que o son por seren fillos e fillas de vitimas. Preténdese abordar esta problemática desde os diferentes contextos de intervención, acollida, orientación psicosocial, revisando os protocolos de actuación dos organismos implicados, dando a coñecer a realidade dos e das máis invisíbeis deste delito.

A Xornada, que dará comezo ás 9:00 da mañán é de inscripción gratuita ata completar aforo (90 persoas).
Inscricións, pinchar aquí:  http://goo.gl/forms/mWJCZTJHhE
 





Programa:

9:00 – 9:30 Recepción Asistentes

9:30 – 10:00
Apertura das Xornadas

Daniel Bóveda
Portavoz da Rede Galega contra a Trata
Susana López Abella
Secretaria Xeral de Igualdade
Rocío Fraga
Concelleira de Igualdade e Diversidade 10:00 – 12:00
Helena Maleno
Investigadora e Especialista en Migracións.
Colectivo Caminando Fronteras
“Infancia Vítima de Trata: Entre a Invisibilidade e a Falta de Mecanismos de Protección”

11:45 – 12:15 Pausa Café

12:15 – 14:00
Vanesa Álvarez Fernández
Coordinadora de Intervención Social Fundación de Solidaridad Amaranta
“Intervención Social con Menores Vítimas de Trata”

14:00-16:00 Xantar

16:00 – 17:00
Miguel Armenteros León
Fiscal de Menores da Coruña
“Tratamento da Problemática Xurídica de Menores Estranxeiros”

17:00 -18:30
Magdalena Queipo
Responsable Internacional de ACCEM
“Vítima de Trata e Protección Internacional”

18:30 – 19:00
Clausura das Xornadas
Bety Rico
Directora do CIM
Daniel Bóveda
Portavoz da Rede Galega contra a Trata