DÍA MUNDIAL contra a TRATA de persoas: 30 Xullo

Hoxe celébrase o día Mundial contra a Trata de persoas.
A Rede Galega quere manifestar, como xa vimos facendo con anterioridade, que a pesares dos grandes avances que se veñen a realizar no tratamento penal deste delito en España, NON debemos esquecer que deben ir acompañados de medidas e recursos institucionais que realmente apoien e reforcen a persecución desta grave vulneración dos dereitos humanos e se protexan de forma efectiva as súas vítimas. #stoptrafficking / #tratadepersoas

UNiTE campaign logopacta con el coracón logo


Vídeo da Campaña Corazón Azul:

A Rede Galega contra a Trata recibiu a Medalla Castelao este domingo 28 de xuño en Santiago (2015)

A Rede Galega contra a Trata recolleu a Medalla Castelao da man do Goberno da Xunta de Galicia.
Trátase dunha distinción civil de gran recoñecemento e prestixio pola cal damos as GRAZAS.
A Rede pon de manifesto neste acto a necesidade de dotar de recursos á sociedade civil e ós poderes públicos para loitar contra a Trata en Galicia.

A Rede Galega contra a Trata xunto co Presidente da Xunta, Vicepresidente e Secretaria Xeral de Igualdade.

Os importantes e grandes avances que se veñen a realizar no tratamento penal do delito contra a Trata de persoas en España deben ir acompañados de medidas que apoien e reforcen a persecución desta grave vulneración dos dereitos humanos e, sobre todo, en dotar de recursos institucionais para a protección das súas vítimas. Para elo, instamos ó goberno da Xunta de Galicia a liderar un papel activo na coordinación institucional en materia de trata entre os distintos operadores: forzas e corpos de seguridade, fiscalía e ong´s para uniformizar as boas prácticas e ofrecer unha resposta conxunta máis eficaz.

A Rede Galega contra a Trata quere ademaís DAR A COÑECER:

1)    A Trata de Persoas en Galicia é un fenómeno oculto e invisibilizado na nosa comunidade. Ainda que a maior parte da Trata existente ten como fin á explotación sexual (84% segundo a ONUDD: organización das Nacións Unidas contra a droga e o crime organizado), tamén se producen e documentan casos para a mendicidade, matrimonios forzados e con fins de explotación laboral.

2)    As cifras e datos que se estiman de existencia de Trata en Galicia son a “punta do iceberg” dunha situación real na que a identificación das vítimas é moi complexa. A ONUDD estima que 1 de cada 7 mulleres en prostitución é vítima de trata sexual e só 1 de cada 20 vítimas de trata é identificada nos países industrializados. En Galicia se detectan entorno a 2.000 vítimas de trata en dous anos e delas, o 80% son mulleres para a explotación sexual (Informe exploratorio de trata de persoas en Galicia: Silvia Pérez Freire, 2013).

 

Síguenos por FACEBOOK


A Rede ten como finalidade ser instrumento de coordinación entre as organización e persoas integrantes na Rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática social, así como unha plataforma asemblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas.

A Rede Galega contra a Trata de Persoas traballa contra a trata dende unha perspectiva global acorde aos instrumentos legais nacionais e internacionais aplicables en España, considerando como
vítimas da trata a todas aquelas que sexan con fins de explotación sexual, laboral, matrimonios servís, mendicidade, situacións de escravitude, etc. de acordo ca definición do Protocolo de Palermo.


Se queres coñecer as nosas accións, síguenos polo Facebook


Vista do Auditorio da Facultade de Humanidades no Campus de Lugo nas III Xornadas contra a Trata: Investigación, Detección e Protección de Vítimas.

III Xornada contra a Trata en Lugo: 19 de setembro do 2014

O 19 de Setembro celebrouse na Facultade de Humanidades do Campus do Lugo a III Xornada contra a Trata de persoas en Galicia, organizada pola REDE GALEGA contra a Trata.

A Xornada contou coa presencia de expertos/as de amplia traxectoria profesional dedicada á intervención e investigación contra a Trata sexual e pretendiu constituirse como un foro civil onde poidamos debatir sobre o necesario cambio social para visibilizar a Trata de persoas na nosa sociedade. Con elo, se toma conciencia das dificultades para combati-la, implicarnos na medida en que nos sexa posible nesta loita e adquirir compromisos na defensa dos Dereitos Humanos vulnerados.


NON á explotación sexual e a Trata de Persoas.
SEN CLIENTES, NON HAI TRATO, NIN TRATA.

II Xornadas en Vigo, o venres 20 de setembro do 2013

As II Xornadas da Rede Galega contra a Trata celebráronse en Vigo o 20 de Setembro no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.