A Rede Galega contra a Trata  ten canle en Youtube para que poidades visionar todas as ponencias da nosa Xornada anual 2017: "Violencias invisibles: trata con fins de explotación sexual".






Vén a nosa páxina oficial nas redes sociais:

Visítanos en FACEBOOK

A V Xornadas da REDE galega contra a TRATA xa está preparada!!! Velaquí o programa, actuacións, inscricións, etc...

Un ano máis a REDE galega contra a trata presenta as súas Xornadas: nesta ocasión, "Medios de comunicación e trata de persoas". 

LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense (r/Canle, 2). web
Horario: de 9:30 a 19:15h. Programa: aquí

PEZA TEATRAL: 20:00h.

Inscricións: pinchar aquí
 



A Rede Galega está a traballar na que será a nosa V Xornada

A Rede Galega contra a TRATA está a organizar a que será a V Xornada contra a TRATA en setembro do 2016. Esta convocatoria celebrarase en Ourense e está adicada ós medios de comunicación e o tratamento que realizan deste fenómeno.

Dentro de pouco tempo abriremos as inscricións e daremos conta do noso programa. 
Como sabedes, no ano 2015 realizouse en A Coruña e velaquí algunhas imaxes do evento:



IV Xornadas contra a Trata en A Coruña, o venres 25 de setembro do 2015

A Rede Galega contra a Trata organiza no Ágora o venres 25 de setembro as IV Xornadas contra a trata de seres humanos baixo o título “Menores vitimas da trata” onde se analizarán desde diferentes prismas a situación dos e das menores vitimas en primeira persoa e aquelas que o son por seren fillos e fillas de vitimas. Preténdese abordar esta problemática desde os diferentes contextos de intervención, acollida, orientación psicosocial, revisando os protocolos de actuación dos organismos implicados, dando a coñecer a realidade dos e das máis invisíbeis deste delito.

A Xornada, que dará comezo ás 9:00 da mañán é de inscripción gratuita ata completar aforo (90 persoas).
Inscricións, pinchar aquí:  http://goo.gl/forms/mWJCZTJHhE
 


DÍA MUNDIAL contra a TRATA de persoas: 30 Xullo

Hoxe celébrase o día Mundial contra a Trata de persoas.
A Rede Galega quere manifestar, como xa vimos facendo con anterioridade, que a pesares dos grandes avances que se veñen a realizar no tratamento penal deste delito en España, NON debemos esquecer que deben ir acompañados de medidas e recursos institucionais que realmente apoien e reforcen a persecución desta grave vulneración dos dereitos humanos e se protexan de forma efectiva as súas vítimas. #stoptrafficking / #tratadepersoas

UNiTE campaign logopacta con el coracón logo


Vídeo da Campaña Corazón Azul: