A VII Xornada da Rede Galega contra a TRATA sexual poderase visionar dende as redes sociales a semana que ven.

 POR UNHAS MASCULINIDADES FORA DO MERCADO SEXUAL: 

Entrada ó salon de actos do Marco onde se desenvolveu a Xornada
Inauguración: Silvia P. Freire (portavoza da Rede galega contra a Trata sexual), Agueda Gómez (responsable da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo) e Susana López (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia: por video)
1ª Palestra da Xornada. Silvia P.Freire (portavoza Rede) presenta a Lola Ferreiro Diaz (Doutora en Medicina)
2ª Palestra. Raquel Pérez (representante da Marcha Mundial das Mulleres) presenta a Paz Filgueira (Xuíza)
Iria Fafián (Ilustradora) crea un mural en directo na entrada do Marco

3ª Palestra. Ana Fuentes (Redactora xefa do Atlántico Diario) presenta a Iván Sambade (doutor en Filosofía) e Amelia Tiganus (activista feminista)
Palestra da tarde. David Casado (Profesor de Socioloxía na Universidade de Vigo) presenta a Isabel de Ocampo (Cineasta) e Ana Sanmartín (voceira de Xornalistas galegas)
Clausura da Xornada. Alba Sousa (responsable de comunicación da Asociación Faraxa) presenta a Uxía Blanco: Concelleira de Igualdade de Vigo
Performance na entrada do Marco á cargo de 85c: "O lavadeiro" con Marcia Evento e Eva Comesaña



A Rede Galega contra a Trata  ten canle en Youtube para que poidades visionar todas as ponencias da nosa Xornada anual 2017: "Violencias invisibles: trata con fins de explotación sexual".






Vén a nosa páxina oficial nas redes sociais:

Visítanos en FACEBOOK

A V Xornadas da REDE galega contra a TRATA xa está preparada!!! Velaquí o programa, actuacións, inscricións, etc...

Un ano máis a REDE galega contra a trata presenta as súas Xornadas: nesta ocasión, "Medios de comunicación e trata de persoas". 

LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense (r/Canle, 2). web
Horario: de 9:30 a 19:15h. Programa: aquí

PEZA TEATRAL: 20:00h.

Inscricións: pinchar aquí
 



A Rede Galega está a traballar na que será a nosa V Xornada

A Rede Galega contra a TRATA está a organizar a que será a V Xornada contra a TRATA en setembro do 2016. Esta convocatoria celebrarase en Ourense e está adicada ós medios de comunicación e o tratamento que realizan deste fenómeno.

Dentro de pouco tempo abriremos as inscricións e daremos conta do noso programa. 
Como sabedes, no ano 2015 realizouse en A Coruña e velaquí algunhas imaxes do evento:



IV Xornadas contra a Trata en A Coruña, o venres 25 de setembro do 2015

A Rede Galega contra a Trata organiza no Ágora o venres 25 de setembro as IV Xornadas contra a trata de seres humanos baixo o título “Menores vitimas da trata” onde se analizarán desde diferentes prismas a situación dos e das menores vitimas en primeira persoa e aquelas que o son por seren fillos e fillas de vitimas. Preténdese abordar esta problemática desde os diferentes contextos de intervención, acollida, orientación psicosocial, revisando os protocolos de actuación dos organismos implicados, dando a coñecer a realidade dos e das máis invisíbeis deste delito.

A Xornada, que dará comezo ás 9:00 da mañán é de inscripción gratuita ata completar aforo (90 persoas).
Inscricións, pinchar aquí:  http://goo.gl/forms/mWJCZTJHhE