A Rede Galega contra a Trata recibiu a Medalla Castelao este domingo 28 de xuño en Santiago (2015)

A Rede Galega contra a Trata recolleu a Medalla Castelao da man do Goberno da Xunta de Galicia.
Trátase dunha distinción civil de gran recoñecemento e prestixio pola cal damos as GRAZAS.
A Rede pon de manifesto neste acto a necesidade de dotar de recursos á sociedade civil e ós poderes públicos para loitar contra a Trata en Galicia.

A Rede Galega contra a Trata xunto co Presidente da Xunta, Vicepresidente e Secretaria Xeral de Igualdade.

Os importantes e grandes avances que se veñen a realizar no tratamento penal do delito contra a Trata de persoas en España deben ir acompañados de medidas que apoien e reforcen a persecución desta grave vulneración dos dereitos humanos e, sobre todo, en dotar de recursos institucionais para a protección das súas vítimas. Para elo, instamos ó goberno da Xunta de Galicia a liderar un papel activo na coordinación institucional en materia de trata entre os distintos operadores: forzas e corpos de seguridade, fiscalía e ong´s para uniformizar as boas prácticas e ofrecer unha resposta conxunta máis eficaz.

A Rede Galega contra a Trata quere ademaís DAR A COÑECER:

1)    A Trata de Persoas en Galicia é un fenómeno oculto e invisibilizado na nosa comunidade. Ainda que a maior parte da Trata existente ten como fin á explotación sexual (84% segundo a ONUDD: organización das Nacións Unidas contra a droga e o crime organizado), tamén se producen e documentan casos para a mendicidade, matrimonios forzados e con fins de explotación laboral.

2)    As cifras e datos que se estiman de existencia de Trata en Galicia son a “punta do iceberg” dunha situación real na que a identificación das vítimas é moi complexa. A ONUDD estima que 1 de cada 7 mulleres en prostitución é vítima de trata sexual e só 1 de cada 20 vítimas de trata é identificada nos países industrializados. En Galicia se detectan entorno a 2.000 vítimas de trata en dous anos e delas, o 80% son mulleres para a explotación sexual (Informe exploratorio de trata de persoas en Galicia: Silvia Pérez Freire, 2013).